Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza. O saber é quen de mudarnos a mirada e de automodificarnos, de suprimir a opresión e a apropiación patriarcal; con todo, os cambios non serán inmediatos, a pesar das leis, e nin sequera se producirán de balde: traerán o custo do enfrontamento cos intereses sociais, políticos e económicos acomodados á situación, así como un custo de vidas humanas que as mulleres xa están a pagar. Toda viaxe leva a algures: esta viaxe parte do saber científico para rescatar as mulleres da escuridade á que estiveron predestinadas durante séculos para conducilas á luz pública.

Maria Xose Queizan
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista " Festa da palabra silenciada " e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: " A orella no buraco " (1965), " Amantia " (Xerais 1984), " A semellanza " (1988), " O segredo da Pedra Figueira " (Xerais 1989, 2003), " Amor de tango " (Xerais 1992), " O solpor da cupletista " (Xerais 2003, 2013), " Ten o seu punto a fresca rosa " (Xerais 2000), " Meu pai vaite matar " (Xerais 2011), " A boneca de Blanco Amor " (2014) e " Son noxento " (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos " Sentinela, alerta! " (Xerais 2002, 2015) e a biografía " Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros " (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: " Metáfora da metáfora " (1991), " Despertar das amantes " (1993), " Fóra de min " (1995), " Non o abras como unha flor " (Xerais 2004) e " Cólera " (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia " Antígona, a forza do sangue " (Xerais 1991), o drama " Cartuxeira " (2008) e a comedia " Neuras " (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: " A muller en Galicia " (1977), " Recuperemos as mans " (1980), " Evidencias " (Xerais 1990), " Escrita da certeza " (1995), " Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal " (1998), " Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades " (Xerais 2004), " Anti natura " (Xerais 2008), " Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial " (Xerais 2011) e " Rosalía de Castro e o poder sexual " (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).
Ver ficha de Maria Xose Queizan »